Hoxe dedicamos o día a esta serie de libros de Else Holmelund Minark que conta coas ilustracións de Maurice Sendak que anda a salvar Kalandraka: A visita de Osiño volve ter a tenrura familiar como protagonista e lémbranos da importancia da presenza dos avós no noso crecemento: mentres os pais están para educar, eles están para mimar. E resulta imprescindible tanto amor! (e dígoo eu, que non tiven avós!!!). O libro serve como pretexto para presentarnos unha serie de relatos separados que son os contos que o avó conta ao seu prezado neto, pero estes relatos son ao memso tempo un todo global que nos fala de amor familiar, educación, apego, simpatía, afecto.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
09/07/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario