Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/07/15

Pista Negra

Salamandra na súa serie "black" publica esta novela negra de Antonio Manzini: Pista Negra. Un libro doado de ler que se devora nun momento. A destacar sobre todo o personaxe principal, un subxefe de policía a quen odiar e a quen amar, Rocco Schiavone, un home que está fóra de todo, que pasa de respectar a lei, pero que ao mesmo tempo amosa unha gran humanidade, e que ademais deixarase querer pola súa soidade... que non descubriremos case ata o final. De momento, un malandrín mullereiro, adicto, irresponsable, insolente, sarcástico... E con todas estas características negativas aprenderemos a amalo. A ambientación tamén é destacable, xa que este home terá que aprender a convivir nun lugar que odia e que lle é adverso. Menos mal que os habitantes son como son! Un mundo e unha novela que atrapan, sen cinismos. A pesar do que pretende o noso policía de turno.
A destacar, a aceda descrición das persoas coas que fala, que encadra en diferentes categorías animais, e unha máis que divertida clasificación daquilo que "le toca los cojones":
"El non plus ultra, la madre de todas las tocadas de cojones: tener que apechugar con un caso"

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.