Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/08/15

Entrevistas sexistas

As dúas estrelas protagonistas de 'American Ultra' deciden facerse unha entrevista "ao contrario", é dicir, Eisenberg terá que responder ás preguntas que estaban pensadas para ser respondidas por Stewart, e viceversa. Queda claro o sexismo con que se realizan as preguntas, tan diferentes se están dirixidas a un mozo/home ou a unha moza/muller.
 Xa comentaba o outro día Maribel Verdú por que non lle preguntan a Luís Tosar iso de "por que non queres ter fillos?"


Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.