Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/08/15

La piscina

Álbum sen palabras que publica Barbara Fiore, La piscina é de Ji Hyeon Lee. Unha vez máis, a imaxe fala por si soa. E para que as palabras se contamos co potente maxín do noso protagonista, que é quen de converter unha masificada piscina en mar calmo cheo de aventuras? Aventuras ademais que serán compartidas, porque a imaxinación non é cousa dun só e tamén haberá outras persoas con quen percorrer os mundos fantásticos que nos agardan.
Ilustracións en tons pastel, a lapis, cheos de expresividade.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.