Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/08/15

Xeixos

Volve Suso Lista a publicar unha serie de relatos en Edicións Embora, agora baio o título de Xeixos. Un libro que sabe a mar, o mar de Corme, protagonista real de todos os relatos onde se dan situacións diferentes que retratan as almas da xente da costa.
O título escólleo o autor porque define o tipo de texto que hai dentro, relatos curtos, e porque define un elemento fundamental de Corme, en representación da terra. Os seixos son de múltiples cores e tamaños, igual que os relatos. Por iso definen os 30 relatos dos que consta o libro. 30 relatos variados de tipos e personaxes ben diferentes: todos eles teñen o mar como denominador común. Mergullémonos nel, un mar que entra polos ollos grazas á lectura. Un mar alegre, divertido, que nos amosa a parte máis calma, aínda que ás veces sintamos a tristura da ollada marítima.

"Nada neste mundo permanece estable. Todo cambia".


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.