Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/09/15

De catro a catro

 Moit@s de vós xa sabedes que De catro a catro é un dos meus libros preferidos. Pois agora teño nas mans unha marabillosa edición realizada por El Patito Editorial a cargo de Luís Rei Núñez que conta coas ilustracións de Pablo Otero nun magnífico traballo. Nada novo teño que dicir dun libro sobradamente coñecido, agora en edición bilingüe, que supuxo que as nosas letras estivesen no mundo das vangardas de principios do século XX. Destacar o labor editorial, con este magnífico volume, e as ilustracións de Pablo Otero, en perfecta harmonía co texto, cadros que por si sós conforman unha exposición que fala de mar e ondas, de tempo que voa, de quietude, de reflexos enmascarados e de nós que abrollan tras os marcos.
Para ter nos andeis.
 


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.