Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/11/15

Despois da chuvia


 O ano pasado tiven o inmenso honor de formar parte do xurado do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O premiado desta volta foi Miguel Cerro con este libro que hoxe se presentará en Santiago. Despois da choiva namorounos por ese raposiño espelido que quere ser protagonista na construción dun novo lugar onde vivir en paz. E aínda que é ben pequerrecho consegue coa súa astucia axudar a que a noite desapareza da vida dos seus colegas. Que o raposo sexa tan tenro abonda para conquistar un álbum da natureza, un álbum de choiva que nos trae arrecendos de invernos anubrados, de noites longas arredor da cheminea, de días escuros e atardeceres temperás. Pero tamén é un libro que fala de solidariedade, de equipo, de unión. E que desmente prexuízos. Veñan de onde veñan.
Teño moitas ganas de coñecer este autor-ilustrador e de estar na entrega do Premio.
Grazas a todo o equipo Kalandraka por contar comigo, por facerme da súa familia.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.