Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/15

Galicia, nosa ledicia

Non veu o noso autor Xosé Neira Vilas este seu libro publicado por Edicións Embora, Galicia, nosa ledicia, unha historia esquemática en verso que vén a ser a Historia do noso país destinada a un lectorado novo que aprenderá de xeito moi sinxelo parte do que veu a marcar a nosa propia idiosincrasia. Unha lección maxistral que se lembrará facilmente grazas a eses versos rimados e  que a editorial tivo a ben publicar en gran tamaño e tapa dura para darlle máis valor ao libro. As ilustracións corren a cargo de Dani Viéitez e Iria Iglesias, moi infantís e acaídas para a quen vai dirixido precisamente este libro que dá as claves de como fumos e como somos, quizais mesmo de como seremos. A Historia tamén nolo dirá. 
Unha lembranza especial para un autor que segue escribindo versos para Galicia alá onde estea.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.