Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/01/16

Lazarus

 Escrito por David Trueba:

Lazarus foi o último evento musical de David Bowie, no que inspiración e expiración fúndense con existencialismo e reciclado de mitos relixiosos, todo iso posto a bailar por un home que sae e volve dentro do armario, porque no hai outro camiño, é this way or no way.
Rendido ao efémero do tempo individual, rendido á enfermidade, pero sen renunciar á estética dunha cama solitaria de hospital en versión de decorado de videoclip,  David Bowie despídese cun aceno, e e un guiñol explica que a broma é o único serio e que, finalmente, despois de darlle moitas voltas a todo, non queda outra cousa que facer o que sabemos facer, aínda que só sexa unha canción máis, por lonxe que quede da mellor canción que fixemos nunca.




Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.