Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/01/16

Tan grande como siete osos

Álbum extragrande que publica Libros del Zorro Rojo de Julie Colombet: Tan grande como siete osos é unha curiosidade animal no que se refire a tamaños, dun xeito ameno e divertido que ademais vén nun libro apaixado moi acorde co contido: o título da comparación que se vai realizar en cada páxina está escrito en letras moi grandes e cores, ao seu carón vén a explicación en letras máis pequenas e as ilustracións son enormes, como deben ser nun libro tan grande. Un libro de divulgación científica ben indispensable.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.