El Torres e Jesús Alonso Iglesias son os autores do cómic publicado por Dib-buks, El fantasma de Gaudí, un libro que nos pasea pola Barcelona modernista creada por Gaudí, quen cría que a arquitectura era arte e a arte debe imitar a natureza. Pero este cómic é moito máis, xa que é en realidade un thriller policial no que os asasinatos veñen enmarcados nas diferentes obras maxestuosas de Gaudí durante catros actos con tensión narrativa que non oculta pero que ofrece intriga.
Algo que chama poderosamente a atención son os debuxos, xa que as obras de Gaudí e todo Barcelona convértense nun espazo fantástico que nos permite gozar da cidade e do universo alí creado: a Pedrera, o Parc
Güell, a Sagrada Familia...
Ao final, a obra complétase con información variada, como se fixo, probas de estilo, posible portadas, reflexións...
Un moi bo cómic.
Sen comentarios
Publicar un comentario