A escritoria Mª Jesús Alvarado e as fotos de Teresa Correa convídannos a coñecer en El principito ha vuelto publicado por Libros de las MalasCompañías un econtro máxico no deserto, o misterio dun personaxe que non sabemos se é real ou é imaxinario, un poema descritivo do deserto, unha sensación de plenitude. O libro susténtase nunha hitoria real, a de que se perderon no deserto e foi entón cando apareceu un home e indicoulles o camiño correcto. Isto é o xermolo que dá pé ao libro, a idea de pensar que pasaría de ser o principiño un personaxe real.
Ambas estaban no Sáhara gravando un documental; as fotos dan pé para unha fermosa reflexión que se recrea nas iamxes. É unha viaxe espiritual ao corazón destas terras, ao deserto nu, á area e ás estrelas. E tamén ao abraio lector.
Sen comentarios
Publicar un comentario