Despois de ler a Diego Ameixeiras tiña que ler a David Goodis, e así o fixen. A obra, Disparen sobre el pianista, publicada por RBA. Un moi bo libro que mereceu a súa adaptación ao cine en 1960 a cargo de François Truffaut. E ten razón Ameixeiras: hai que ler a David Goodis, porque escribe novela negra de verdade, onde a violencia e a autodestrución danse cita en relativamente poucas páxinas cunha gran presenza de diálogos, o que fai que a lectura sexa aínda máis áxil. Non hai policias nin detectives, nin ningún crime que haxa que resolver, e aí reside unha das súas grandezas. Temos un personaxe central que nos consome pola seu xeito de ser ata que sabemos a dura realidade que agocha, un pasado que o reconcome e un sorriso que ninguén logra entender.
Novela negra moi negra e sutil cun personaxe que atrapa no seu seo.
Sen comentarios
Publicar un comentario