Fermosísimo este álbum ilustrado de Isabel Ruiz Ruiz que publica Ilustropos baixo o título de Mujeres. 18 mulleres -difícil tivo de ser a escolla- que forman parte da historia por mérito propio e que moitas veces son esquecidas por seren, simplemente, mulleres: Hipatia,
Concepción Arenal, Marie Curie, Florence Nightingale, María Montessori,
Alice Guy-Blaché, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Clara Campoamor,
Amelia Mary Earhart, Margaret Bourke-White, Frida Kahlo, Hellen Keller,
Dian Fossey, Rosa Parks, Gertrude Ederle, Irena Sendler e Miriam Makeba. Ou sexa, temos mulleres poetas, pintoras, científicas, políticas...
As ilustracións van acompañadas dunha frase nas que falan de si mesmas, do seu xeito de ver o mundo, da lección de vida que supón a súa propia loita. Asemade, unhas notas biográficas para sabermos a quen temos en cada páxina.
Un proxecto que loita por visibilizar aquelas que son invisibles nesta nosa sociedade patriarcal.
Sen comentarios
Publicar un comentario