Se recibes un libro desta guisa:
Que farías???:
Abrilo inmediatamente?
Ter moito coidado de non desfacer o lazo e lelo sen estragar o paquete?
Ir á libraría a por outro libro que non sexa de agasallo?
Que difícil a escolla!
Claro queda que este libro hai que lelo pero xa!
E ao abrilo, a sorpresa da inocencia, do humor, do disparate.
Un clásico de 1964 de Shel Silverstein que vén de publicar Kalandraka: ¿Quién compra un rinoceronte? fálanos dunha mascota ideal, tan ben presentada que agora o que desexamos é ir correndo a por un para metelo na nosa casa. Non importa que estea groso, nin que ocupe. Eu, a verdade, só pensar no asento ideal que supón para a lectura xa me conquista. Ademais do disparate rimado da lectura -a destacar a tradución de Miguel Azaola que consegue respectar a rima- a estética é sinxelamente fabulosa. Só unha liñas sen colorear, uns trazos aparentemente sinxelos que disfrazan a diversión de seriedade.
Unha gozada auténtica.
Sen comentarios
Publicar un comentario