Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/02/16

Tina superfriolera

Lani Yamamoto é a autora deste álbum finalista do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil do Consello Nórdico que publica Nórdica: Tina superfriolera. Unha lectura moi acaída para estes días de frío en que todos os días abrimos a persiana agardando ver a neve pola ventá. Lemos a historia de Tina, unha nena que sempre sente moito frío e anda a inventar novos xeitos de non sentilo; pero isto fai que non teña amizades e que sempre estea soa; e será isto o eixo vertebrador da historia. Ou sexa, lemos unha metáfora visual que nos fala dun frío mundo exterior e interior, o da soidade absoluta. E a necesidade que temos de compaña. As ilustracións van na mesma liña, de cores frías e sen fondos, ofrecéndonos a esencia do seu significado.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.