Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/16

Veggiemancer



Vía

O papiro do César

Sempre é un pracer volver á lectura de Astérix, que me retrotrae á miña infancia, e aínda que estas novas entregas adoecen, normalmente, das antigas chiscadelas que tanto me gustaban dos seus inicios, é unha marabilla lelos na nosa lingua grazas á editorial Xerais, que maxino realiza un gran esforzo para que saian ao mesmo tempo que nas outras linguas. Ogallá isto fose unha práctica habitual dos libros en xeral e non unha excepción. Ver a ringleira de libros en catalán cando estiven no Sant Jordi e comparalos cos que nos ofrecen na nosa lingua é absolutamente deprimente.
Diciamos que este cómic con texto de Jean-Yves Feri e debuxos de Didier Conrad (traducido por Xavier Senín Fernández e M.ª Isabel Soto López) titulado O papiro do César segue o ronsel iniciado polos seus autores primixenios para afondar nunha situación social de hogano: o personaxe de Dobleoplémix vén agora inspirado polo xornalista Julian Assange e a filtración dun documento do César é a trama sobre a que xira todo o libro; neste temos pombas mensaxeiras en lugar de Twitter, pero a semellanza é absoluta coas novas tecnoloxías. Asemade, estes autores renden tributo aos anteriores, citando mesmo algunhas das súas obras, facendo un xogo metaliterario con eles.
Así que aínda non tendo a mestría dos anteriores, sempre é un pracer volver ás aventuras destes homes e mulleres capaces de vencer á temida Roma e o seu César.

Maratón de retratos a prol dos refuxiados en Lalín

 The Photography Shop  publica no seu Facebook este vídeo no que participei:

Foi tan boa a reposta na MARATÓN DE RETRATOS A PROL DOS REFUXIADOS que tardamos máis da conta en retocar os vosos retratos. Xa están todos listos e enseguida empezaredes a recibilos nos vosos mails. Deixámosvos este video a modo de agradecemento a tod@s @s que pasastes a facer o voso retrato (non están os retratos con nen@s). GRAZAS!
‪#‎thephotographyshop‬ ‪#‎refugeeswelcome‬ ‪#‎photographyactivism‬ ‪#‎ningúnserhumanoéilegal‬

https://vimeo.com/nomajorsfilms/refuxiadosbenvidos



29/04/16

El niño que se olvidó de dormir

Videoclip animado da canción "El niño que se olvidó de dormir", de Rush Smith.



Vía

Un dragón llamado Zipo


Na editorial Narval poderedes atopar este simpático álbum de Elena Queralt chamado Un dragón llamado Zipo. Un álbum que volve a incidir no respecto ás diferenzas e no esquecemento de todo tipo de prexuízos que tanto dano ocasionan. E así coñeceremos a Zipo, un dragón que é especial, non por ser dragón (que tamén) senón polos seus propios gustos "raros". Isto non será impedimento para que consiga ter amigas ben diferentes, como unha gata ou unha nena, porque se nos afastamos do que nos fai diferentes toparemos un montón de sentimentos e gustos que compartir.




28/04/16

360 Google Spotlight Story: HELP

Para flipar: nós podemos dirixir a cámara desta curta de animación.




Vía

El monstruo de la sra. Mo

Na editorial Tramuntana atopamos este álbum infantil de Paul Beavis: El monstruo de la sra. Mo é de divertida lectura xa que a señora Mo recibe unha inesperada visita: un monstro que arrasa con todo canto topa ("MASCAR, MORDER Y CRUJIR. (Que es lo que suelen hacer los monstruos.)") ata que ela é quen de lle ofrecer un traballo para o cal o noso monstro séntese capacitado. Claro que quen chama por último á porta aínda pode ser máis monstroso ca o monstro... e non vou dicir máis.
As ilustracións son moi expresivas, e con elas pasaremos polos distintos valores que atopamos no libro, como son a superación ou a gratitude; a tolerancia sobrevoa todo o texto.



#FörSofia

Esta é Sophia, a face dos nenos e nenas que ninguén ve e que viven desastres dos que ninguén fala.




Vía

27/04/16

Picture Perfect

Curta sen palabras. Que difícil resulta facer a foto perfecta!!!




Vía

Mocidade

Hugin e Munin publica Mocidade de Joseph Conrad, unha novela curta que ten como protagonista a Charles Marlow, personaxe que coñecemos de Corazón da escuridade, quen conta con detalle unha aventura mariña que tivo canda a súa mocidade. Unha mocidade que é o leit-motiv da novela e que exalta a ledicia de vivir, os riscos e as aventuras, un xeito de ver a vida que muda cando os anos transcorren. Ai, esa mocidade fuxidía!
A destacar a tradución e o traballo verquido nun numeroso corpo de notas.


Migrar no es delito

Migrar no es delito from Coordinadora de ONGD de Euskadi on Vimeo.

26/04/16

Sol y Luna


Khoa Le conta neste álbum ilustrado que publica San Pablo, Sol y Luna, unha historia de ciumes entre o sol e a lúa, é dicir, entre a noite e o día, que vén resolta pola necesidade de amabas e da súa alternancia constante. Chama a atención ante todo as ilustracións, sensibles exquisitas, de estética oriental que transmiten todo tipo de sensacións. O que menos me gusta é sen dúbida ningunha a portada, xa que está feita como a tres dimensións e resúltame ata molesta á vista.
Khoe Le foi gañadora do Premio Samsung Kids Time.





Feminimos debuxados

Vino en Mujerícolas:

Katherine Supnem. Licenciada en filosofía, comiquiera e pintora chilena. 




0. A vida cotiá sen diferenzas nin desigualdades



 1. Os demais establecen as diferenzas.




 2. As diferenzas medran no colexio.




 3. Descubrimento do Feminismo.




4. Descubrimento da desigualdade no mundo laboral.




5. Aprendendo todo do Feminismo.




6. A difícil loita feminista.



7.  A esperanza nun mundo onde as persoas teñan os mesmos dereitos. Un mundo onde non se denigre a palabra nin o concepto "Feminismo".

25/04/16

Vantaxes de ser lector

Dende "El Huffington Post" ofrécennos este vídeo, comentando que se "somos lectores, sentirémonos identificados". Pois claro!


Once ventajas de ser un lector empedernido por elhuffingtonpost

O 25 de Abril num minuto

Un día de Liberdade explicado nun minuto:




vía

24/04/16

Non á violencia contra as mulleres (CDLXII)

Cuarto vídeo desta campaña realizada por  Crimen + Investigación, en colaboración coa Fundación Mujeres.

Spot 4: Jóvenes 
Tod@s contra la violencia de género - Jóvenes from The History Channel Iberia on Vimeo.

23/04/16

Eleanor y Park

Rainbow Rowell é o autor desta magnifica novela xuvenil (e non só) que publicou Alfaguara: Eleanor & Park é unha historia de amor (e non só) que non se le, devórase. Vaia, ten mérito. Como pode ser unha historia de amor tan boa? Porque non é cursi, porque afástase dos termos correntes en como se escribe unha historia de amor para presentarnos simultaneamente os sentimentos de dous personaxes case marxinais que non se namoran a primeira vista e que van superando dificultades aos poucos. E o final, aberto, chega a ser angurioso.
É un libro sensible, que agocha moito máis ca unha historida de amor, e ao mesmo tempo encántanos este amor adolescente imparable e trastornado. Mesmo anhelamos volver a sentir ese voo de bolboretas do primeiro amor. É un libro con alma, e isto non sempre se topa. 
Moi recomendable.




22/04/16

O reloxo

Vinllo a Xaime Varela no seu Facebook:


LipograZAS

As vengadoraZAS publicitarias atacan novamente! Toca o turno de Lipograsil.

Con amigas y unas cervezas #NoConsumasMachismo

21/04/16

Boundin

O último día de Terranova

Moito gocei coa lectura deste o último libro de Manuel Rivas publicado por Xerais, O último día de Terranova, xa que esta autor ten un don máxico de xuntar as palabras de tal xeito que fai musica con elas e o ritmo lene e poético mantense en todas as súas páxinas. Rivas fai, si, unha homenaxe ás librarías, pero no libro hai moito máis, un monte de caixas de historias que nos gusta abrir pouco a pouco. Porque o libro hai que consumilo pouco a pouco, con deleite, con ganas de subliñar miles de expresións que xuntas son versos libres da literatura. Nunha das caixas leremos a denuncia da intolerancia, do fanatismo, e xusto ao seu carón enfadarémonos coa violencia das ditaduras e dos seus aparatos opresores; na caixa máis grande, a que non se desfai, está a simbólica "Terranova", ou sexa, a liberdade, o refuxio dos libros clandestinos, a fuxida de censura. Mentres abrimos e pechamos caixas, demorámonos nas múltiples citas que nos lembran a nosa incultura: libros, escritores e mesmo chiscadelas pululan un universo escrito que dá pé ao optimismo final. Quizais a humanidade teña salvación, coma a libraría.
Rivas declara o seu amor polos libros, pero sobre todo tende unha man chea da maxia da poesía a todo aquel que entre nunha libraría, que crea que a cultura é, ao fin e ao cabo, a salvación dun planeta que ás veces semella estar poboado tan só por dinosaurios.



20/04/16

El alfarero (The Potter)

Equívocos






Isto é o que colgou Nelson Felippe no seu Facebook

Não sou preconceituoso, acho que cada um faz o que quer da sua vida. Mas acho um absurdo eu ser obrigado a presenciar uma cena como essa.
O que cada um faz em particular é problema seu, mas o que se faz em público me diz respeito sim. E eu me recuso a ver uma cena como essa e considerar algo normal.
Não desejo o mal de ninguém, mas as pessoas deviam se preservar. Estão desafiando as convenções sociais, e isso pode ser perigoso. Se depois acontece uma tragédia, ou pior, se alguém morre, vão colocar a culpa em quem? Em mim?
O pior de tudo é o exemplo para as crianças.
Como vai ficar a cabeça de uma criança que vê essa cena todo dia? As crianças vão achar que é normal esperar o metrô em cima da faixa amarela. Então, não faça como aquele cara ali. Siga o exemplo das meninas. Espere o metrô ANTES da faixa amarela, e só cruze a faixa depois que o metrô estiver parado e com as portas abertas.

 As críticas ante a actiude supostamente homófoba do autor encheron as redes sociais, conseguindo o obxectivo do autor, aproveitar o equívoco que provocaba o seu comentario para realizar unha sinxela campaña de seguridade no metro.
A foto formaba parte dunha campaña dun colectivo brasileiro defensor do matrimonio entre persoas do mesmo sexo.


19/04/16

Cambio de Pilas

Curta malasia que fomenta o valor da amizade a través da relación que establece un robot cunha anciá enferma que vive soa.



vía

Mundinovi

Precioso este poemario de Juan Carlos Martín Ramos coas marabillosas e expresivas ilustracións de Federico Delicado que publica Kalandraka: Mundinovi non é nada máis nin nada menos que unha homenaxe poética ao mundo dos títeres e mereceu o VIII Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Nenos. Non é de estrañar. Pola súas páxinas pasearemos por un teatro dividido en tres partes. O título é o nome dun retablo que no século XVI servía para representar escenas do Novo Mundo. Ademais, o autor recolle títeres tradicionais para dotalos de expresión poética e agasállanos con pequenas obras en verso para que o lectorado xogue e realice os seus propios monecos.
Imposible non sentar diante do libro cal fose guiñol para seguir a representación. Texto e ilustración combínanse á perfección para ofrecernos unha luxosa representación titiriteira que en Lalín ten tanta tradición, por outra banda. 

El titiritero tiene
dos manos, pero mil voces,
una vida, pero mil
cuentos que sólo él conoce.
El titiritero tiene
la llave de la maleta,
la ventana del teatro,
la luna de primavera.
El titiritero tiene
la brújula de los vientos,
el mapa de los caminos,
botas de siete agujeros.
El titiritero tiene
un teatrillo ambulante,
lleva el horizonte a cuestas,
el mundo como equipaje.

O fracaso do sistema

Vin en Cultura Inquieta estas ilustracións do artista polaco Igor Morski: un crítico da nosa sociedade con ilustracións onde analiza temas como a cobiza ou o culto pola beleza, ademais da crise dos valores tanto económicos coma sociais.



























18/04/16

Novio de punto

El jardín de las mariposas

Publica Kókinos esta gozada de pop-up de Philippe Ug, El jardín de las mariposas conta a transformación que sofren estes bechiños dende que nacen ata que medran, convertendo cada páxina nun espléndido xardín orixinal no que procuramos os pequenos detalles.

#TelebasuraNoEsRealidad

 Grazas a Ramón Nicolás.

Telelixo non é realidade (arredor dos estereotipos co pobo xitano):

17/04/16

Fernando Barroso - 'Tranquila'

Unha recomendación de Galegpo en Londres:

La hija de la criada

Seguindo a vehemente recomendación da miña prezada ex-alumna Ana Colmeiro, lin este libro de Barbara Mutch, La hija de la criada que publica Alianza editorial. E tiña toda a razón Ana coa súa suxentión xa que paga moito a pena deterse na súa lectura. Un libro que nos achega ao réxime do apartheid surafricano na boca dunha criada negra e da súa señora branca. Hai que destacar que a verdadeira protagonista da novela é, desde logo, aquela que lle dá título ao libro, e que conta a súa experiencia en primeira persoa, incluíndo anacos do diario da señora que tanto quere, Cathleen, facéndoo en cursiva para que non haxa dúbida ningunha. O libro, ademais de falar de amor, de educación, de respecto e de boas e malas persoas, centrándose nas figuras femininas, sobre todo, que adquiren unha dimensión  moi relevante sobre as masculinas -aínda que estas sexan ás veces mesmo desencadeantes das situacións límite máis importantes da novela- reflicte as duras condición de vida da poboación negra do país africano e mesmo as diferenzas de cor xa que ser mestizo era un pecado máis grave e insolente que ser negro. Que xa é dicir!.
O apartheid trouxo consigo unhas desigualdades tan tremendas e unha situación tan escabrosa que aínda agora debemos sorprendernos coa maldade do ser humano (branco). A nosa protagonista deberá aprender a loitar e a sobrevivir.
Ás veces o ritmo da novela é un pouco brusco e cambia sen interseccións, mesmo o final semella un pouco abrupto, pero coido que paga a pena a súa lectura. Unha análise máis dos conflitos múltiples que o ser humano provoca cando deixa de ser humano. É dicir, a cotío.

Non á violencia contra as mulleres (CDLXI)

 Xa colgamos dous vídeos desta campaña realizada por  Crimen + Investigación, en colaboración coa Fundación Mujeres. Traemos hoxe un máis, Comedia 




Tod@s contra la violencia de género - Comedia from The History Channel Iberia on Vimeo.

16/04/16

2016, Ano de Manuel María (XI)

Rosas

SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.

Manuel María, A luz ressuscitada, 1984


¿Quién te quiere a tí?

 Esta curta preséntase á 6ª edición do concurso de curtas exprés "48horas al límite" organizado pola Facultade de Ciencias sociais e Comunicación dla UEM. E gústame. Porque fala moi claro do que é a explotación sexual. A escravitude da muller no século XXI.

15/04/16

Manuel María. Vida, versos e rebeldía


Manuel Veiga e Xosé Lastra poñen os textos, mentres que Nuria Díaz as ilustracións, a este libro que publica Xerais para achegar a figura e a poesía de Manuel María aos máis cativos e cativas: Manuel María. Vida, versos e rebeldía acerta co ton e o xeito para ofrecernos detalles da vida do autor homanexeado este ano nas Letras Galegas xunto cun monllo de poema escollidos.
O libro consta, por tanto, dunha primeira parte a cargo de Manuel Veiga, quen relata a  vida cotiá de Manuel María e nos informa das diferentes actividades que realiza, tanto como poeta coma como procurador, libreiro, xornalista... e tamén da súa vida familliar, coñecendo a súa muller, Saleta.
Logo pasamos á cronoloxía e á antoloxía poética escollida por Xosé Lastra, onde poderemos ler versos dos libros “Terra Chá”(1954), “Documentos persoaes” (1958), “Mar maior” (1963), “Os soños na gaiola” (1972), “Cantos rodados para alleados e colonizados” (1976), “Poemas ao outono” (1977) e “As rúas do vento ceibe” (1979).
O libro tamén nos informa de que foi o primeiro mozo que  publicou unha obra en galego despois da Guerra Civil.




14/04/16

Trastario

Precioso poemario este que nos trae Faktoría K de libros na súa colección Orihuela: Trastario. Nanas para lavadoras é de Pedro Mañas e conta coas ilustracións de Betania Zacarias. Trinta poemas que falan con xeito dos aparellos que utilizamos e que nos son indispensables, pero dos que non nos acordamos ata que se estragan. Así, o autor fai un repaso artístico e rimado de todos eles: lavadora, lavalouza, aspiradora... Polos versos pasean os enchufes para que funcionen e o que hai dentro deles, todo vale para ser tratado con enxeño, humor, xogos de palabras e dobres sentidos que son unha delicia para xogar coa poesía. Pedro Mañas demostra coa súa habilidade técnica de construtor de versos que obtivo hai tempo a súa licenciatura en enxeñeiro das palabras!
 E as ilustracións son un redondeo das palabras, envolvéndoas con lene dozura, con sinxeleza natural e imaxinativa, metáforas visuais que subliñan a lectura.

"Tic-tac"
(Susurraba él)
"Toc-toc"
(Susurró la otra)
Él le regaló un minuto.
Ella suspiró una gota.
Se ha enamorado el reloj
de la cañería rota.




Filosofía no cine

Dirixida por Berthold Bartosch, THE IDEA (1932), foi "a primeira película animada que abordou conceptos filosóficos". Poderosa meditación sobre a importancia do cuestionamento, o pensamento e a reflexión en torno á arte, o poder e a política.
Descubrímolo en "ENFILME":


13/04/16

El podador de bonsáis

José Campanari e Luciano Lozano son os artífices de El podador de bonsáis que publica Tres Tigres Tristes, un álbum que semella vir do Xapón tanto pola edición como pola tipografía e as ilustracións, unhas ilustracións que ben poderían estar acompañadas por haikus. Lemos unha historia tenra que fala do paralelismo entre un bonsai e un neno e como ambos van medrando de xeitos diferentes, percorrendo as diferentes etapas da vida. O que si ocorre é que queremos medrar rapidamente, pero logo percatámonos de que a infancia é unha etapa marabillosa.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.