Leo en "Lermos.gal":
KALANDRAKA cumpríu 18 anos de traxectoria editorial este 2 de abril, data na que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, vén de publicar unha
edición especial de “Ganapán das palabras”, dos autores galegos Pepe
Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando os orixinais dun álbum que
saíu por primeira vez do prelo en 1998, no ano de fundación da
editorial.
E aquí teño o libro na man, Ganapán das palabras ten cinco palabras que procuran aventuras e nesas caen dentro dun espello. Que pode ocorrer? Que se volven do revés. E como as imos ler nós entón???
Con rimas nos versos todo pode suceder. A poesía é maxia. Ou é a maxia poesía? Sexa como for, as palabras poderedes atopalas se pensades en verso.
Fantástica reedición coa que nos agasalla a editorial Kalandraka a quen andabamos perdidiós por aqueles anos e non estabamos na procura de xoias que esta editorial vén publicando durante todos estes anos. Unha inmensa ledicia é o que nos procuran con cada nova edición ou reedición. Que estean en Galicia e defendendo a nosa lingua, publicando asemade noutros idiomas, é unha satisfacción inmensa.
Sen comentarios
Publicar un comentario