Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/11/16

Inventario Ilustrado das aves

Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel ofrécennos agora un Inventario Ilustrado das aves, novamente na editorial Kalandraka. 80 especies de aves, acompañadas por un vocabulario ilustrado que nos vai indicando de xeito ameno e informal, aínda que rigoroso, a súa plumaxe, alimentacións e mesmo ese peculiar chío que as diferenza.
Unha vez máis, por tanto, podemos gozar cun libro de información científica ben combinado con ilustracións precisas que nos lembran antigos cadernos que aportan un toque poético á divulgación científica.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.