Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/12/16

¡Paténtalo!

¡Paténtalo! El libro de los inventos útiles y disparatados de la Historia é un divertido e sorprendente álbum que está en todas as listas de mellores álbums deste ano que remata mañá. Publicado por Ekaré, é de Matgorzata MycielskaAleksandra Mizielinska e Daniel Mizielinski. Inventos de todos os tipos, coñecidos ou non, incribles ou non, prácticos ou non. Polas páxinas do libro recrearemos nimios detalles, trasladarémonos ao momento histórico en que foron oideados os inventos, e sobre todo, sorriremos. Porque o libro desprende humor dende a propia portada. Máis ca un álbum, semella un cómic, porque emprega a técnica dos "bocadillos" e polo dinamismo aplastante que utilizan as páxinas.



 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.