Agradecida estou eu polo agasallo que me veñen de facer Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso con este novo álbum que ademais trae sorpresa, un CD musicado por Malvares de Moscoso, Servando Barreiro, Miguel Alonso e Fernando Shey Pedrido Mariño co que poder gozar da poesía cantada. Porque a poesía é maxia, e aquí topámola por todas partes: nos versos, nos poemas, na música, na ilustración. Unha enchente que vén de ser publicada por Nova Galicia Edicións. Unha mosca agradecida conta co luxo do prólogo dun dos grandes, Antonio García Teijeiro. Pouco máis se pode pedir que mergullarse nos seus versos e pechar os ollos para cantar en variedade de ritmos e voces.
Fomento da lectura, defensa da nosa lingua, humanidade... son temas que poderemos ler nos versos deste álbum que permite profunda no mundo dos soños, eses que ás veces compartimos, esoutros que outras veces son individuais.

Sen comentarios
Publicar un comentario