No máis ca interesantes Facebook de Marcos López Concepción encontrei esta información:
As "tiras de película" ou filmstrip (imaxes estáticas pasadas nunha orde narrativa con fins educativos ou de propaganda) eran de uso moi común na antiga URSS. Nesta de 1960 imaxinábase como sería o mundo cen anos despois da revolución bolxevique: Nese afastado 2017 as grandes potencias capitalistas desaparecerían por completo logo de autodestruírse entre elas. En troques, perdura unha Unión Soviética que domina a ciencia e a tecnoloxía: espertadores e cociñas intelixentes, conexións telemóbiles, nenos con aulas virtuais, trens atómicos que atravesan o estreito de Bering e naves supergalácticas, cidades cosmopolitas, praias e paseos de tileiros debaixo do Ártico, maquinaria pesada que tanto facía un túnel para o ave por Cerdedo, ampliaba a ponte de Rande, como paraba un temporal de forza 12.
Unha delicia retrofuturista.
Sen comentarios
Publicar un comentario