Davide Morosinotto é o autor deste libro que a editorial Xerais nos trae na nosa lingua para un público mozo, un libro de aventuras titulado Nemo. O rapaz sen nome que me parece ben axeitado, un libro entretido, misterioso que se le dun bocado polo atraente do seu argumento, onde o protagonismo radica nunha moza e en dous mozos canda un cadelo enorme e fiel que sabe defender os intereses dos seus amigos. Ambientada na Francia de 1829, descríbense asemade os costumes da época sen caer no pintoresco nin no aburrido, dándonos pinceladas daquel machismo onde as nenas de familia rica só podían aspirar a ser casadas con mozos da súa condición social, algo do que se afastará a nosa protagonista, quen en realidade quere vivir a súa propia vida e buscar nesta maxia e riscos.
O autor bebe da obra de Jules Verne, afastándose del pero recollendo personaxe e nomes, pero recreando unha novela de aventuras da mellor saga.
Agora, agardando a opinión do meu alumnado.
Sen comentarios
Publicar un comentario