Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/01/17

Mi pequeño

Xa o tiña en francés e agora descúbroo en castelán, un libro gañador do Bologna Ragazzi Award 2016 na categoría Ficción que escribe Germano Zullo e ilustra Albertine, o mesmo tándem que xa nos engaiolara con Los pájaros, e que agora nos abraian con este Mi pequeño que publica a editorial Limonero. Un álbum moi diferente, case surrealista, do paso do tempo, do amor, da relación nai-fillo, nun eixo circular que percorre graficamente unha liña do tempo nun monólogo interior fugaz e poético, porque podemos asegurar que estamos ante poesía visual auténtica que utiliza o minimalismo na ilustracións e asemade no texto: como se transmite a vida, como se sente o amor infinito, como se comparte a vida.
Un deses álbums que non son infantís pero que poderían selo, porque pódese xogar con el, compartilo, traballalo na aula.




.

via GIPHY

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.