Unha serie
de fotos arrepiantes amósanos a terrible realidade dunha violación. Visto aquí.
Mentres
atletas de grandes universidades culpables de agresións sexuais saen (case) impunes, unha estudante americana
decidiu desmontar algúns mitos relacionados coa violación para que unha maioría
se identifique coa súa realidade.
O pasado venres, Brock Turner, un antigo estudante
e atleta da Universidade de Stanford, recoñecido culpable de violación sobre
unha muller inconsciente, saíu do cárcere despois de 3 meses só de cadea,
despois dos inaceptables 6 meses aos que foi condenado.
A súa sentencia causara unha gran indignación no
mundo enteiro pero non foi por desgraza un caso illado, xa que nas semanas
seguintes outros homes tamén se beneficiaron de semellante clemencia xudicial,
moi ao pesar das súas vítimas.
Tras esta sucesión de inxustizas, en particular a
liberación deste rapaz americano, unha estudante indignada, Yana Mazurkevich,
decidiu actuar á súa maneira ideando unha campaña de sensibilización para
lembrarnos que a violación existe, que é unha realidade.
A súa serie de fotos titúlase "It
Happened" (ocorreu) e escenifica os momentos previos a unha agresión
sexual en distintos lugares e con distintas persoas, tanto homes como mulleres.
Situada no centro, a vítima mira sempre fixamente o
obxectivo cunha mirada glacial e cada instantánea vai acompañada dunha mensaxe
igualmente impresionante: "Ocorre brutalmente, sen que o esperemos, sen
querelo, con calquera, a calquera, en calquera momento e sen motivo."
Estas fotos foron publicadas na páxina web Current Solutions, unha plataforma que
ofrece ás vítimas "de desigualdades, de violencia doméstica e de
violación" un lugar seguro e benevolente no que poden dar testemuño e
sensibilizar outros internautas.
"En resposta á liberación anticipada de Brock
Turner, esta serie busca relanzar o debate sobre as agresións sexuais e serve
de protesta fronte aos seus 3 meses de cadea", explica Yana Mazurkevich en
Facebook.
Así, tamén racha rotundamente algunhas ideas falsas
sobre a violación que recaen con demasiada frecuencia sobre as vítimas (só as
mulleres son violadas, só os homes cometen violacións, só son persoas
descoñecidas as que cometen este crime, etc.).
O seu traballo tanto impactante como xusto circulou
rápido pola rede, e moito mellor así!
Sen comentarios
Publicar un comentario