Hai case un ano celebrabamos a edición dun novo libro de divulgación científica na nosa lingua. E agora seguimos de noraboa, posto que aínda que arestora falemos do segundo desta colección imprescindible que nos ofrece Xerais, xa sabemos que temos nas librarías un terceiro.
Si, Xerais, comprometida coas nosas necesidades bibliotecarias, pon á nosa disposición este libro de Antom Labranha que leva por título O universo matemático. Das ideas e das técnicas.
Aínda que adoito só falar daquelas miñas lecturas, volvo a unha excepción con este libro -que está a ler alguén próximo- para lembravos que as nosas bibliotecas (todas, escolares e municipais) deben contar con estes libros que achegan a ciencia a todos os públicos na nosa lingua, algo que botabamos moito de menos e que está empezando a desenvolverse. Benvidos sexas todos e cada un dos títulos que as editorias nos ofrezan.
Parabéns!
2 comentarios:
Seica xa hai alguén que o leu: https://retallosdematematicas.blogspot.com.es/2017/03/o-universo-matematico-apuntes-para-o.html
Xa o vira, xa. Pero non o vou copiar, claro está! Un bico, Cibrán, grazas por seguires por aquí.
Publicar un comentario