Leo Lionni é un dos grandes, indiscutiblemente. Por iso, lelo, é sempre gozar, gozar da lectura, gozar da ilustración, gozar da mensaxe, gozar en plenitude. Porque estamos ante unha historia fermosísima que vén acompñada de ilustracións cheas de luz neste Álex e o rato da corda que vén de publicar Kalandraka. Libro de 1969 que non envellece, como todo bo libro,
Medalla de Honor Caldecott en 1969.
Temos dous ratiños ben diferentes que estarán unidos pola amizade que vén de pequenos momentos aventureiros e felicidade compartida. Unha felicidade que pode resultar efémera e que pode ser salvada por un sentimento de cariño e empatía. Xa que a empatía é a que procura a xenerosidade, esa cualidade tan necesaria para podermos falar do valor da amizade. Un valor ás veces esquecido que nos sorprende neste álbum cun sorriso tenro nos beizos.
Sen comentarios
Publicar un comentario