Non temos máis que pasear polo noso arredor para aprender; hai que andar paseniño, olleando aquí e alá, para nos sorprender cada día co traballo dos nosos compañeiros e compañeiras. Na Biblioteca do IES Fiz Vergara Vilariño veñen de realizar unha experiencia ben interesante que desexo recoller aquí, unha experiencia de Club de Lectura sobre o fotolibro como fenómeno editorial e creativo:
No estado español experimintouse
unha explosión editorial deste tipo de máquinas creativas da man de
autores e autoras coma Cristina de Midel, Ricardo Cases, Julián Barón ou
Miren Pastor.
O propósito de fondo é, fundamentalmente, testar a posibilidade de crear un club de lectura baseado nos fotolibros para desenvolver outros modos de lectura e cinguir o club a un proxecto didáctico máis extenso e derivado.
Pareceume unha idea ben interesante e innovadora. Parabéns!
Sen comentarios
Publicar un comentario