Un ano máis, o calor da illa de San Simón arroupou un acto emotivo, onde as bágoas sempre afloran e os sorrisos e as gargalladas sucédense. Emocionante porque escoitar as palabras dos gañadores, escoitar a María Canosa (por fin!, diría ela), a Manuel Lourenzo (triplete) e a Santiago Lopo (lembro con agarimo a súa visita polas miñas aulas), non pode ser doutro xeito, e risos e bágoas porque os sentimentos sucédense entre amigos e amigas, a quen dá gusto volver a ver unha vez máis, na inmensa illa que nos permite pousar alí os nosos pés, testemuña de dores anteriores, de voces acaladas, de olladas de desesperación. Adoro esta illa, polo que supón e polo que representa, adóroa por ser memoria histórica e por ser arestora, grazas a Xerais, memoria de felices reencontros. Agora supón, por ende, lembrar o Mestre, a súa bonhomía e a súa dozura, ese noso Agustín que sempre estará connosco, coas súas palabras convertidas en libros (os seus títulos en cancións, que preciosidade labor esa da Banda dos Cueiros) e asemade nun novo libro que estreita novamente o corazón. Grazas, outra vez, á editorial Xerais. Polo mimo, o coidado, a xenerosidade.
E grazas, Xurxo Mariño, por conxugar ciencia e emoción, ciencia e poesía, ciencia e literatura. A ver se deixo de escoitar nas salas de profes iso de "escribe ti que eu son de ciencias".
No barco, camiño a.
Xurxo ten estrela
O glamour da edición. A poesía das abellas.
Amizade e ledicia
Quen dera ser bebé en Gondomar!
Os mellores, un clásico
Críticos que foxen das cámaras
A noite, a beleza, a saudade, a despedida
Sen comentarios
Publicar un comentario