Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/01/18

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

Xa coñecemos ao Cociñeiro Martiño. E agora temos unha nova aventura, da man de Xerais. O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas de Iago López e Macus Romero segue o mesmo procedemento acumulativo ca o anterior pero desta volta o noso protagonista terá que verse cun coello pillabán que rouba cenorias... cun fin loable que o cociñeiro non será quen de castigar. Así que terá que utilizar o seu enxeño para saír adiante. Pero desta volta contará cunha axuda inestimable: o fillo e a filla do rei serán axudante ou pinches de cociña por un día. E ante iso non hai quen poida!
 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.