Boísimo e imprescindible este álbum (ou cómic?) sen palabras de Jacques Goldstyn que publica Picarona: El prisionero sin fronteras é un alegato pola liberdade. Un home que cre nas súas ideas e deféndeas publicamente, pero precisamente por iso lévano ao cárcere. Si, no século XXI pasan este tipo de cousas. A solidariedade fará posible a liberdade.
Unha iniciativa de escritura colectiva de Amnistía Internacional que trata de sensibilizar sobre o respecto a opinar doutro xeito ao establecido, a poder expresar esa opinión con total liberdade e a non temer as posibles represalias dos gobernos por este motivo. É dicir, o libro fala de democracia plena. Sóavos???
Sen comentarios
Publicar un comentario