Publica a editorial Alvarellos en edición facsímil La lámpara maravillosa. Ejercicios espirituales de Ramón del Valle-Inclán, unha xoia de 1916 ilustrada por
José Moya del Pino. É un deses libros para ollar con moita curiosidade, que conta autobiograficamente a paixón polo ocultismo e que necesita transitar por camiños diferentes aos que xa coñece para seguir creando, de aí que probe con drogas como o cannabis. De aí que sinta Santiago como unha rosa, unha rosa de pedra chea de misticismo, unha rosa que non murcha porque é eterna, coma o tempo compostelán.
Esta edición conta cun estudo a cargo de Olivia Rodríguez-Tudela, con fotografías de época e un prólogo feito do neto do autor Jooaquín del Valle-Inclán Alsina.
Unha lámpada marabillosa, en todos os sentidos.
Sen comentarios
Publicar un comentario