Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/06/18

La uruguaya

Pedro Mairal é o autor de La uruguaya, libro publicado por Libros del Asteroide, unha novela á que lle tiña ganas dende hai tempo e da que non sabía nada agás a súa boa sona. O que máis me sorprendeu -agradablemente- é que fose tan curta, algo que se agradece nestes tempos nos que semella que non se poida publicar un libro de menos de 500 páxinas. O bo de que sexa tan curta, neste caso, é que nada sobre e todo está no seu sitio, a concisión é extrema. O que máis me gustou non é o que conta, senón como o conta. Porque en canto ao argumento, pareceume bastante predicible ese final. Que é para min, o fallo do libro. Unha mágoa non ter desenvolvido doutro xeito a historia, se isto fose posible, claro. Pero este final, tan presabido, constitúe asemade unha baño de novo pesimismo, a desolación de non cumprir co desexo, co amor, co derrubamento do futuro. A pesar de ser tan curta, nas súas páxinas hai humor, sátira, crime, erotismo, miseria, crueza e patetismo. Vaia, a existencia.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.