Se vén da man de Roberto Innocenti, sabemos que estamos ante unha obra mestra. Nunca decepciona. Desta volta, ofrécenos a editorial Kalandraka Mi barco, a historia dun barco e do seu capitán, e os percorridos que fan polos mares durante 50 anos. Ambos xúnguense na historia, persoa e obxecto, e ambos viven coma se fosen un só, dende a infancia de ambos ata que o barco morre no fondo do mar, loitando nas guerras e percorrendo o mundo enteiro nos tempos de paz. Pero o que máis chama a atención é o estilo do autor, eses cadros detallistas, onde todo está pintado á perfección, desta volta como unha historieta que está formada por viñetas que nos recordan o estilo máis cinéfilo, pois semellas secuencias dun filme -se chegan a ser en branco e negro non dubidariamos de estarmos ante unha película de cine mudo-.
En fin, como non demorarse na contemplación de cada detalle, en cada páxina, en cada recadro. Innocenti é único. Cada seu libro é unha obra de arte que podemos ter na nosa casa. Que luxo!
Sen comentarios
Publicar un comentario