Lembro un libro de Fábulas que lin e relin cando era pequerrecha. Tiña un raposo na portada e un anaco de queixo, creo. Desde logo, é un deses libros que recordo na miña temperá afección á lectura. Agora teño a sorte de que Kalandraka nos agasalla cunha fermosa edición de Fábulas de Esopo na nosa lingua acompañadas das expresivas e mesmo humorísticas ilustracións de Dani Padrón. Non teño moito que dicir sobre un libro tan absolutamente coñecido e famoso como é este que temos nas mans. Só que paga moito a pena lembrarlle á rapazallada que un clásico coma este nunca pasa e que lelo está cheo de ensinanzas que nos lembran que hai certas virtudes como o esforzo ou a prudencia que son moi humanas e que non deberiamos esquecer.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
08/09/18
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario