Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/09/18

Unha historia

Encantoume este álbum que publica Kalandraka de Marianna Coppo: Unha historia lémbranos con moito humor que a vida é ante todo un reto que se nos dá dende que nacemos: a nosa actitude ante ela dependerá de como vivamos. O álbum amósanos como só un dos personaxes que temos diante decide "levar as rendas" mentres os outros agardan por algo tan especial como a historia da que van ser os protagonistas. Ou sexa, agardan a que o autor ou autora dun libro os recolla e escriba os seus roles. E así pasa o tempo, sen decatarse, sen facer nada, sen aproveitar. Ao seu carón, o personaxe "decidido" constrúe un mundo cheo de cores e aventuras, e cando os outros se decatan, pasarán a esa vida febril onde cadaquén ten a facultade de construír por si mesmo. 
E todo isto con moitos silencios, con brancos tipográficos, con diálogos telegráficos. E cunha sutil ironía que marca nas nosas faces un sorriso tenaz.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.