Con texto de Fran Pintadera e ilustracións de Christian Inaraja preséntase Cándido e os demais, libro que mereceu o XI Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado que publica Kalandraka. Unha refelxión que semella sinxela pero que se torna profunda polo abano de posibilidades que ofrece: un personaxe diferente, único, que se sabe distinto e por tanto incomprendido, o que nos leva a reflexionar sobre a nosa propia personalidade, sobre como a sociedade quere uniforminarnos e rexeita aqueles que se saen da norma... aínda que sempre hai algúns puntos en común porque, ao fin e ao cabo, somos humanos e como tales sempre hai algo que nos une. Sexamos como sexamos, miren como nos miren, o álbum relémbranos que algo nos une, como especie, como humanos.
Especial álbum que nos leva por novos camiños mentre percorremos vellos carreiros de tenrura e grafismo infantil totalmente sedutor.
Sen comentarios
Publicar un comentario