Xenial álbum de Tomi Ungerer publicado por Kalandraka: Novos amigos, unha crítica ao racismo e a todo tipo de intrasixencia, e faino mediante a burla dos prexuízos. Ungerer realízao lembrándonos que non hai que rexeitar o que poida chegar ás nosas vidas sen antes analizalo porque moitas veces todo isto pode facernos mellores e pode axudarnos a medrar como persoas. Un álbum cheo de cor e de luz que se enriquece páxina a páxina coa mestura de culturas e que se basea sobre todo na amizade. O libro tamén nos fala da reciclaxe, un xeito de salvar o planeta que neste libro se amosa tamén como posibilidade artística.
Lembrar ao lectorado máis novo que a variedade cultural é necesaria e enriquecedora é necesario, xa que se non aceptamos unha sociedade plural nunca acadaremos a necesaria tolerancia para vivir en paz.
Sen comentarios
Publicar un comentario