Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/05/19

10 mulleres incribles que non saen nos libros de Historia

28/05/19

Non temos pelotas, pero sabemos como usalas

 A selección alemá de fútbol feminino amosa nun vídeo a discriminación sufrida polo feito de seren mulleres, a pesar de todos os títulos que levan conquistado dende 1989. Teñen que andar a loitar contra tabús e estereotipos.


https://www.publico.es/deportes/mundial-futbol-femenino-no-pelotas-usarlas-reivindicativo-mensaje-seleccion-alemana-futbol-femenino.html?fbclid=IwAR0W3AdR9c2kh3Mvp4M3cyp7WWybLaSMDxAEHaWCdye3M1LOIc2_iFzZLFQ

25/05/19

Presentando Agni e a chuvia




A editorial Kalandraka convidoume a acompañar a Dora na presentación do seu libro en Compostela este venres pasado. Grazas por esta oportunidade marabillosa de coñecer unha persa humilde, honesta e interesante.




 

A escravitude infantil existe: A Organización Internacional do Traballo calcula que son 152 os millóns de nenos e nenas que pasan polo recrutamento forzado, a trata, a explotación sexual, os nenos soldado ou o matrimonio forzoso. 

Señoras, señores, boas tardes. Estamos no século XXI.

Millóns de  nenos e nenas vense obrigados a traballar para mafias sen escrúpulos que os explotan laboralmente.
Millóns de  nenos e nenas pobres vense atrapados en xornadas laborais interminables sen dereito ningún.
Millóns de  nenos e nenas fabrican roupa para que outros miles de nenos e nenas a utilicen, xoguen cos balóns que aqueles cosen, utilicen móbiles que conteñen minerais que aqueloutros extraeron da terra, rían a conta das bágoas dos outros.
Millóns de  nenos e nenas  poboan o universo de soños onde a infancia si existe para, finalmente, erguerse cada mañá ante unha realidade que vai minando esa esperanza.

Ulos dereitos dos nenos e das nenas?
As nenas son as máis afectadas por esta cruenta realidade. Por certo, España está entre os principais países de destino de vítimas de trata con fins de explotación sexual.

Deses millóns de nenos traballadores que hai no mundo, 5 millóns sitúanse na India. É o pais con maior incidencia de emprego infantil, a pesar de que nos últimos anos reduciuse por unha lei que prohibiu a menores de idade traballar en labores perigosos. Pero cunha enmenda recente: poden traballar en negocios familiares.

O noso libro está ambientado en Bombay.

Dúas veces o lin e dúas veces emocioneime e vertín bágoas.

O protagonista, Agni, é un neno de 10 anos que vive nunha casoupa cos seus pais e a súa irmá. Agni traballa dende o 6 anos porque a familia necesita eses poucos cartos que el aporta.
O libro preséntanos un neno que é feliz a pesar da situación. Como todo ser humano, ten soños, ten aspiracións, pensa que a súa vida pode cambiar e deixar de formar parte desa terrible estatística que veño de mencionar. Sabe viaxar polo mundo co seu dedo e o seu maxín: quizais algún día poida ir fisicamente. Non sabe ler. Pero amosa moita vontade e intelixencia para aprender. Agni é Agni no libro, pero podería ser outro calquera. Agni é real.

É  Agni invisible? Grazas a súa autora non, e por iso estamos aquí. Unha das frases necesarias e constantes do libro é precisamente relacionar pobreza con invisibilidade ( «Invisibles como os pobres, páxina 22») . O que non se nomea non existe, dos pobres non se fala porque molesta (páxina 9:  “así e como nos tratan aos pobres, coma se fósemos invisibles”); no mapamundi do rapaz non aparecen algúns lugares, será que son “invisibles”?. Este dar visibilidade alcanza mesmo aos nomes, porque a autora explica os seus significados. Agni quere dicir “lume”, “Abhay”, audaz, “Apu” virtuoso… É posible deixar de ser invisible? (páxina 112)

Pero o libro  non é triste: hai esperanza. O final deita unha mensaxe moi positiva sobre a necesidade de perseguir os nosos soños independentemente da situación na que vivamos. A felicidade componse de pequenos momentos, e eses pequenos momentos son vividos por cada persoa dun xeito moi intenso, aínda que semellen irrelevantes. Agni é un personaxe vitalista que afronta con optimismo a vida que lle tocou vivir. O seu soño é viaxar. E ir á escola (páxina 45)

Esta presenza de esperanzas ten moito que ver cos valores que o libro nos ofrece ao longo das súas páxinas: a solidariedade (páxina 11), o amor sen fisuras –toda clase de amor- (páxina 58), a tolerancia (páxina 17), a bondade, a amizade (páxina 78). Mesmo a igualdade, algo difícil de crer máis estando na India. Hai reflexións que provocan un bosquexo de sorriso, se a situación o permite: páxina 49.  E outras que provocan arrepío: páxina 72.

Chama a atención a linguaxe, delicada, poética. Páxina 118

Entrementres, Dora Sales ofrécenos descricións da vida cotiá na India, dos seus costumes e do seu modo de vida. Páxina 33.
 Ao final do libro inserta unha relación de lectura e materiais audiovisuais relacionados co traballo infantil. Páxina 122

24/05/19

Sempre hai un lugar para a poesía (CLV)

RUPI KAUR, Desde el principio


Primero se nace
y se nace mujer
y se tienen manos
y se tiene menos
se tienen ojos y se tienen hijos
se tienen besos
y se tienen sueños.
Dije que se nace
y se nace mujer
se tiene sexo de mujer
manos de mujer
palabras de mujer
se nace mujer.
Luego una crece
y sigue siendo mujer
y aprende a vivir
como una mujer
amar
como una mujer
cuidar del mundo entero
como toda una mujer
soñar los sueños
con sueños de mujer.
Y mientras una sigue creciendo
se hace cada vez
más mujer
y aprende de libertad
de castillos con reyes
de finales felices
se aprende amar
como una mujer.
Pero de pronto una descubre
que las manos las tiene vacías.
Y entonces un día
una no quiere ser más
una mujer
porque serlo
no es siempre tan bueno
ni tan dulce.

Porque serlo
es a veces amargo
y duro
entonces una se subleva
se ve el cuerpo
y las manos
se ve el sexo
se descubre toda
como una mujer.
Entonces niega y reniega
maldice y discute entonces
se subleva y denuncia
y entonces no
no renuncia a ser.
Sólo piensa, decide, habla
y le avisa a todos
que a partir de ahora
será
una mujer

22/05/19

Animalia 2. Branco

Segue a me encantar esta serie comiqueira que escribe Xosé Tomás e que publica Xerais: Animalia 2. Branco lévanos ao mundo polar, á neve, ao frío, ao xeo, con historias diferentes para cada páxina -ás veces a páxina enteira é ocupada por un só fotograma- que nos fan sorrir constantemente e para comprender que moitos comportamentos humanos son máis animalescos do que quixeramos supór. Tamén serve para denunciar o cambio climático e para aprender. Unha morea de cousas que implican asemade clases de idiomas!

Buscade "Nunca oístes falar da crioxenización?" !!!

19/05/19

Infamia

Seguramente Ledicia Costas non pensaba en provocarme insomnio cando escribiu o seu libro, mais abofé que o conseguiu. Porque deitar deiteime (moi tarde), pero o libro estaba sen rematar e seguía a clamar por min dende esas páxinas abandonadas. Así que acudín ao seu chamado. Imposible conciliar o sono coa lectura pola metade. Case mellor digo asemade que imposible concilialo recén rematada.
Esta muller volveuno conseguir: atarme ao sofá con Infamia, publicada por Xerais. Cabe moita infamia nesta Infamia, tanta que provoca unha relectura mental constante. É difícil falar do libro sen contar cousas importantes, e isto é algo que procuro evitar. A lectura vainos roubando humanidade pouco a pouco, arfamos e seguimos. Pero sen parar, porque a deshumanización é moi humana. Porque a realidade do ser humano é ser inhumano. Non hai máis que ollar ao noso arredor. E na escrita atopamos violencia, ultraxe, resentimento, pacto de silencio, abusos sexuais, pedofilia, violencia de xénero, soidade, resentimento, amor. Cabe, aínda así, a poesía. Cabe a música. Cabe o cine. E cabe -mesmo- a igualdade da dor.
Non sei se cabe a esperanza. Si caben as metáforas (sei dunha persoa que ama as baleas e vai gozar con esta lectura metafórica...). Quizais caiba a conciencia. Quizais a reparación (conste que esta que se deixa entrever ao final faime algunhas augas...pero tampouco podo dicilas arestora)
Infamia é a novela que estabamos agardando. Esa que nos ata e nos deixa sen palabras. Esa que nos retruca e nos aflixe. Esa que provoca arcadas e melancolía. Esa que nos deixa tiradxs un domingo sen ánimo para nada máis.
Non sexades infames: lede Infamia
Para xa, no vestíbulo da Igualdade do IES Laxeiro.



O deporte galego fala galego

18/05/19

Cuore di plastica

17/05/19

Só eu

16/05/19

A publicidade vai cambiando














15/05/19

Rap da igualdade

14/05/19

Bichopoemas y otras bestias

40 poemas con todo tipo de bechos que poden voar, reptar, ruxir ou nadar. Leire Bilbao e Maite Mutuberria constrúen en Bichopoemas y otras bestias, publicado por Kalandraka, é un bestiario poético onde animais de todos os tamaños bailan ao son dos versos e xogan coas palabras, repítenas, emiten onomatopeas... Poemas divertidos que riman e convidan a ler en voz alta. Poemas con imaxes que emocionan, que espertan unha vida que non semella cotiá pero que está chea de sensibilidade. Ademais, as ilustracións aportan dinamismo e convidan tamén ao lectorado a xogar coa poesía.





13/05/19

Los colores del incendio

Pierre Lemaitre vólveo conseguir con Los colores del incendio publicado por Salamandra: unha novela áxil, divertida, vingativa, misteriosa... de todo hai, conseguindo atrapar o lectorado sen deixar que, de fondo, haxa unha perspicaz análise de personaxes e situacións. Asemade, o autor conta cunha boa dose de documentación que nos leva a lugares case descoñecidos e feitos aínda máis afastados (como é o petróleo rumano). Polas súas páxinas percorreremos o auxe do nazismo, as ditaduras europeas, e sobre todo o papel da muller nunha sociedade patriarcal que non se cuestionaba outra forma de entender a vida; tamén saberemos da corrupción política francesa (non ía existir só en España!), as folgas obreiras e mesmo da caída da Bolsa dos Estados Unidos. E gozaremos coa vinganza dunha muller que aprenderá nun mundo masculino a loitar por si soa.
En fin, un novo acerto deste autor que tantas boas horas me ten reagalado.




12/05/19

¿Cómo te suena?

"Si sigues en esa actitud, voy a violarte", ¿cómo te suena esto?


10/05/19

El planeta tierra habla por WhatsApp con el resto de los planetas

08/05/19

Sevillanas coeducativas




06/05/19

AFANIP

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.