Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/08/19

Ourika

Publica Hugin e Munin esta pequena xoia de Claire de Duras, Ourika; foi a primeira novela ambientada en Europa cunha protagonista negra. 50 páxinas para unha ficción baseada nunha historia real: unha moza senegalesa rescatada da escravitude para ser criada e protexida por unha familia francesa con cartos. Pero a súa condición levaraa ao seu illamento. 
É unha pequena obra mestra contada en primeira persoa pola protagonista, esta nena negra adoptada que medra cos seus irmáns adoptivos, unha moza simpática e intelixente. Pero chegará un momento en que nada diso importará, porque prevalecerá a súa cor. A partir de aí, a reclusión. Interior e exterior. Esta reclusión convértea en testemuña do mundo que a rodea, un mundo que non lle pertence; un mundo cambiante porque a revolución Francesa está aí, pero sen nomes propios. 
Unhas poucas páxinas espléndidas.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.