Primeiro veu o libro de T. Christian Miller e Ken Armstrong publicado por Libros del K.O. , logo souben da serie. Creedme é unha reportaxe sobre a investigación de varios casos de violación en Estados Unidos que destaca e destapa o descrédito que as vítimas sofren. Realmente impresionante ver e saber que unha muller, despois de sufrir unha agresión semellante, ten que demostrar que non mente. E non só iso, ten que comportarse como se cre que debe facelo. Tremendo. Porque o máis grave é o escepticismo co que a policía e os máis achegaods se enfrontan a estes casos.
O libro revisa varios casos de erros policiais que se basean na falsidade das denuncias en lugar da súa veracidade. Quizais este prexuízo veña dado tamén polo que nos transmite a telvisión, unha especie de patrón que nos indica ás mulleres como nos comportar en calquera circunstancia. Pero temos dereito ser nós mesmas, a nos comportar de diferente xeito segundo sexamos nós. En realidade, coido que é imposible sabermos como reaccionariamos en determinados momentos, porque depende, incluso, do momento.
Por iso, o temor a non ser crida nun caso dunha violación é peor cá propia violación.
“La respuesta de la víctima al trauma de la agresión sexual no
debería usarse, de ninguna manera, para evaluar su credibilidad”.
Sen comentarios
Publicar un comentario