Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/02/20

Si no te gusta leer, no es culpa tuya


Se me encanta Jimmy Liao, imaxinade canto me pode gustar un libro del que fala do pouco que se le e do pouco que se ama ir ás pequenas librarías. Así é o seu título publicado por Barbara Fiore:  Si no te gusta leer, no es culpa tuya. 
“La librería de la esquina quizá tenga que cerrar. He sido el primero en enterarme porque mi padre es el dueño”. Así, o protagonista convoca a unha reunión a amiguiños e amiguiñas para que o axuden. Unha reunión que vén sendo como unha especie de club de lectura por onde pasan de crequenas baixo unha ollada sarcástica voces como a de Orhan Pamuk, Stephen King, Margaret Atwood, Aldous Huxley, Italo Calvino, Haruki Murakami, Ursula K. Le Guin, Astrid Lindgren, Ray Bradbury, Neil Gaiman…  ou iconos cinematográficos como Audrey Hepburn, Woody Allen o Marilyn Monroe. Camiñando polas súas páxinas, mentres admiramos o seu estilo inconfundible e colorido, tamén alcánzanos unha pátena de tristura pola sensación da perda de afección á lectura, o peche de tendas pequenas e vibramos asemade coa súa homenaxe aos libros, aos editorxs, escritorxs, ilustradorxs e a quen nos permite gozar do pracer da lectura.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.