Para prelectorado, divertido álbum de Jordi Gastó e Christian Inaraja que publica Kalandraka en cartoné: Se che pica un mosquito é un divertimento, un xogo para esquecer a dor, un poema rimado que alivia e que é de gratis porque non hai que ir á farmacia a correr para remediar a doenza. E é que os libro tamén sandan, e a poesía sempre é un remedio eficaz contra todo tipo de enfermidade... O mellor é pasar bos momentos compartidos coas amizades e esquecer os malos intres.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
13/03/20
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario