Encántame Shaun Tan, e este libro confírmame a miña admiración por el. Barbara Fiore tráenos Cigarra, un álbum filosófico, un libro que nos lembra a Kafka sen ningunha dúbida. Unha cigarra que traballa nun mundo inhumano que non o respecta nin quere, un traballo desorbitado que non recibe recompensa. Ao final, ao límite, algo extraordinario ocorre. Porque o anceio máis importante de calquera é a liberdade
O álbum ten poucas palabras, porque o que ten máis forza son as ilustracións e a cor que as acompañan. Porque a explosión de cor final é a mellor explicación que as palabras ausentes, ou sexa, o silencio, poden dar.
Sen comentarios
Publicar un comentario