Imprescindible este libro na actualidade. Falo de Plasticus maritimus, unha especie invasora, de Ana Pêgo, un libro para concienciar sobre o coidado dos océanos que vén de publicar Kalandraka na nosa lingua e que conta coas ilustracións de Bernardo P. Carvalho. A relación perigosa entre océanos e plástico, como comprender o problema, informándonos sobre os problemas que arrastra o plástico nos mares, contribúe a que este libro sexa unha guía para que nos poñamos as pilas e loitemos por eliminar unha especie invasora que nós mesmxs inventamos. Cada hora botamos ao mar mil toneladas de plástico no mundo. Algo debemos facer para evitalo, non si? Todxs podemos axudar con pequenos xestos na nosa vida cotiá.
Aprendamos dous termos: beach cleaner e beachcomber. Unha persoa que se dedica á limpeza de praias é unha beach cleaner; beachocombe, no só
recolle lixo da praia, senón que se converte nunha especie de
coleccionista que se interesa, tamén, pola orixe e a historia deses obxectos encontrados.
Ao final do libro hai unhas poucas páxinas en cor sepia que nos axudan a saber máis sobre o plástico, unha información interesante e práctica.
Ademais de datos, que son importantes, o libro ofrece solucións, que é moito máis importante, e lémbranos a importancia das 7R: repensar, rexeitar, reducir, reparar, reutilizar, reciclar e
revolucionar ante o consumo de plásticos.
Deses libros que debemos ter xa nas bibliotecas escolares e traballar con eles activamente.
Sen comentarios
Publicar un comentario