Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/08/20

O mundo máxico de Lía

 Encantoume a proposta de Eduardo Santiago para o público xuvenil: O mundo máxico de Lía con ilustracións de Marcos Calo está publicado por Xerais: un xeito fantástico de achegarse á violencia de xénero con final feliz. Unha narración que sorprende e engancha: Eduardo Santiago ama este xénero pero desta volta serve a unha fin moi especial; con Lía loitaremos contra todo tipo de males fantásticos que agochan unha realidade que respiramos cada día: o maltrato físico e psíquico machista. 

Un libro para ter en todos os colexios e para recomendar, para ler e para ter. Cómpren libros así para un lectorado novo que non vive dando o lombo á existencia da violencia.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.