Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/08/20

En clave de igualdade (II)

 Hai tres anos comezamos un proxecto complicado. Este curso foi terrible, e foi agora, no verán, cando puidemos darlle forma ao traballo do alumnado realizado en febreiro e marzo.

Este curso obtivemos unhas condicións necesarias para conseguilo: un alumnado de luxo, feminista, comprometido, e músico!!!

Escolleron unha letra tan difícil coma esta (tiñámoslle moitas ganas porque é unha letra que fere, pero ten moitas dificultades): estamos a falar de "Cuatro Babys" de Maluma. 
Veredes que a letra que o grupo de rapazas e rapaces escribiron nada ten que ver. E que ogallá as letras todas cambiasen deste xeito
A nosa canción leva por título: "Agora somos guerreiras"
 


 A segunda canción que transformamos este curso foi outra que tamén nos parecía ben complicada e que ten unha desas letras que os nosos oídos non queren ouvir nin de lonxe: "Loca" de Duki.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.