Ana Juan é marabillosa. Todo o que fai é unha obra de arte, e volve a demostralo neste álbum publicado por Libros del Zorro Rojo: Un milagro para Helen conta a historia de Helen Keller e Anne Sullivan. En 1882, con dous anos, Helen quedou cega e xorda, medrando como unha nena salvaxe. Os pais buscaron a axuda de Anne Sullivan, mestra que lle ensinou o alfabeto manual, ensinándolle os nomes das cousas. É en realidad unha homenaxe a estas mulleres que son precursoras na integración das persoas con discapacidade.
As ilustracións saben amosar perfectamente o mundo das tebras nas que vive a protagonista, destacando ante todo o medo e a soidade. Son tan plásticas que podemos sentir todas as emocións que pasan os corazóns das protagonistas.
Sen comentarios
Publicar un comentario