Divertídisimo álbum publicado por Libros del Zorro Rojo, de Julien Baer e Sébastien Mourrain: ¿Vegetariano? está protagonizado por un rapaz de oitos anos acusado polos animais de ser as súas vítimas, polo que é xulgado polos seus "crimes", é dicir, será xulgado por animalicidio. O álbum convida a reflexionar sobre a relación entre os seres humanos e o resto dos seres vivos, non só cos animais, porque hai que chegar ata o final para velo. Todo o libro é unha alegría en si mesmo, logrando que temas tan sesudos como o vexetarianismo ou o veganimo sexa un diálogo tranquilo e expresivo. As ilustracións son igual de desenfadadas.
Pero sendo tan divertido, pregúntome se a mensaxe que transmite faino dun xeito correcto. Non sei se lido dende a perspectiva infantil pode causar algo de medo.
Sen comentarios
Publicar un comentario