Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/03/21

(H) amor 1

E unha outra vez, grazas Antón




 Diría que este é un manual co que introducirse sobre outras formas de amar, fuxindo, como non, do concepto de amor imperante que é o romántico. Poliamor, asexualidade, agamia, anarquía relacional e moitas máis definicións e reflexións sobre o que supón o amor dende unha perspectiva revolucionaria. O persoal é político e este libro dá boa conta desta frase. Para cambiar a sociedade comecemos polo persoal. Como tratarnos entre nós, como traballar a empatía, como romper as xerarquías que establecemos nas relacións, como entender a diversidade sexual e afectiva... E todo dende unha visión feminista porque non hai outra, a verdade.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.